Wednesday 15 de May de 2024

Microspectivas dun Marica Millennial, este sábado no Gabriel García Márquez de Mera


O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Incendiaria presenta a obra de teatro Microspectivas dun Marica Millennial, dirixida por Vanesa Sotelo, creada e intepretada por Davide González. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

Microspectivas dun Marica Millennial é un espectáculo íntimo e cargado de poesía desde o que cuestionar certezas impostas que predestinan a construción da identidade. A partir da música e as artes do movemento, MMM ofrece un espazo de transo no que redescubrir as raíces e refundar o presente. Coa reivindicación da propia identidade e a memoria como principal motor para a toma de consciencia e como impulso creador, o resultado da peza é unha viaxe sensorial que camiña polos lindes da performance, a instalación, a música, as artes do movemento e a creación escénica contemporánea.

VENDA DE ENTRADAS: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/auditorio-gabriel-garcia-marquez/14603–microspectivas-dun-marica-millennial-de-incendiaria.html